¿Qué é maisKexperiences?

Somos unha empresa de turismo personalizado polo que creamos experiencias por tí e para tí. Queremos que descubras a esencia dos lugares, que vivas Galicia a través  das testemuñas da súa  historia, dos seus monumentos, dos restos arqueolóxicos, da natureza. 

Para nós un servicio turístico debe facerse á medida de cada cliente. A personalización é a cualidade inherente a nosa existencia e a nosa marca diferenciadora. Todos os nosos servicios, tanto profesionais coma de lecer, levan o noso selo.

  • Servicios personalizados a particulares: Calquera que sexa o teu obxetivo, nós guiamoste: facemos visitas a adegas, rutas en barco, visitas a mercados e por suposto calquera servicio a túa medida  por e para tí.
  • Servicios personalizados a profesionais: Facemos servicios personalizados e asesoramos a profesionais, a turoperadores, a axencias de viaxe, a axencias de noticias, a asociacións, AMPAS, colectivos especiais, institutos, universidades, clubes e federacións deportivas…etc.

En Maiskexperiences levamos moito tempo utilizando a tecnoloxía na
nosa comunicación e publicidade polo que as nosas experiencias son máis
seguras e sostenibles e adaptanse a realidade actual seguindo os protocolos
de seguridade.

Servicios maisKexperiences

EXPERIENCIAS GUIADAS

As nosas visitas son diferentes, dinámicas,participativas…experiencias para ser vividas.Damos a coñecer a nosa historia, o noso patrimonio e a nosa paisaxe de forma entretida, non nos limitamos a enumerar datas nin datos históricos. Para amar a  terra,  temos que explicala con rigor pero tamén cun sorriso e co corazón. Leer máis…

EXPERIENCIAS NATURAIS

Descubre espazos naturais nos que terás unha experiencia sostible e onde poderás desconectar da cotidianidade en parella ou en familia. As nosas experiencias en ambientes naturais nútrense de actividades saudabeis, didácticas e divertidas. Convivirás coa natureza a través dos seus olores e das súas cores e disfrutarás dos seus sons. Leer máis…

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Cabo Udra

Vive experiencias deportivas dunha forma diferente.  Descubre as nosas visitas teatralizadas, disfruta do turismo slow e non esquezas que a túa mascota non suporá ningún atranco para que disfrutes connosco. Leer máis…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies